1 Comentário

Felices festas!! Aquí che deixo a Cantiga do Apalpador (o Pai Natal galego)!

Vaite logo, meu meniño

marcha agora para a camiña

Que vai vir o Apalpador

a apalparche a barriguiña

Xa chegou o día grande

día do noso Señor.

Xa chegou o día grande

e virá o Apalpador.

Mañá é día de cachela,

que haberá gran nevarada

e ha de vir o Apalpador

cunha mega de castañas.

Alá por aquela cemba

mira, xa vén relumbrando

o señor Apalpador

para darvos o aguinaldo.

Agardo que te recuperes pronto!! Moitos parabéns ao Simāo porque é un extraordinario locutor!! Merece que o Pai Natal lle traia unha morea de agasallos!

Expand full comment